Lions Love

Lions Love

Finais dos 60 en Los Angeles. Jim, Jerry e Viva, actriz estrela de Warhol, experimentan o amor libre nunha mansión de Beverly Hills. Unha cineasta de vangarda (alter ego de Varda) irrompe neste fogar para filmar un documental sobre Hollywood.

Un filme que recolle o espírito do seu tempo, o fin dunha era e o comezo doutra, combinando unha estrutura dramática coa improvisación e o rexistro directo do Cinéma verité.

Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes a partir do venres anterior á proxección. Máximo dúas entradas por persoa.

Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

  • Título orixinal: Lions Love
  • Ano: 1969
  • Duración: 110 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Agnès Varda
  • Guión: Agnès Varda
  • Elenco: Viva, James Rado, Gerome Ragni, Shirley Clarke
  • Montaxe: Robert Dalva
  • Música: Joseph Byrd
  • Fotografía: Stevan Larner
  • Produtora: Max L. Raab Productions
  • Distribuidora: Avalon