Libertad

  • Estrea
  • +12

Libertad

  • Estrea
  • +12

A familia Vidal pasa na súa casa de verán as últimas vacacións da avoa Ángela, que sofre Alzheimer avanzado. Por vez primeira na súa vida, Nora, de 14 anos, sente que non atopa o seu lugar: os xogos de nenos parécenlle ridículos e as conversas dos adultos aínda lle van grandes. Mais todo muda coa chegada de Libertad, de 15 anos e filla de Rosana, a muller colombiana que coida a Ángela. Rebelde e magnética, Libertad convértese na porta de entrada a un verán distinto para Nora e as dúas mozas axiña forxan unha amizade intensa e desigual. Xuntas saen da burbulla de protección e confort que supón a casa familiar, descubrindo un mundo novo no que Nora se sente máis libre que nunca.

  • Título orixinal: Libertad
  • Ano: 2021
  • Duración: 104 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Clara Roquet
  • Guión: Clara Roquet
  • Elenco: María Morera, Nicolle García, Vicky Peña, Nora Navas, Maria Rodríguez Soto, Carol Hurtado, David Selvas, Òscar Muñoz, Sergi Torrecilla, Mathilde Legrand
  • Montaxe: Ana Pfaff
  • Dirección de arte: Miquel Francisco
  • Vestiario: Vinyet Escobar
  • Son: Diego Casares
  • Música: Paul Tyan
  • Fotografía: Gris Jordana
  • Produtora: Avalon P.C, Lastor Media, Bulletproof Cupid (España, Bélxica)
  • Distribuidora: Avalon
Cannes 2021 (Semaine de la Critique), SEMINCI 2021 (Sección Oficial)