Language Lessons

  • Estrea
  • +12

Language Lessons

  • Estrea
  • +12

Cando o marido de Adam (Mark  Duplass) lle agasalla un pack de clases semanais de español por sorpresa, non ten moi claro como encaixará este novo elemento na súa estruturada vida. Pero ocorre unha traxedia e a súa profesora, Cariño ( Natalie Morais), convértese na salvación que non sabía que precisaba. Adam desenvolve un vínculo emocional totalmente inesperado e cheo de complexidades con Cariño, pero realmente, pódese coñecer a unha persoa só por experimentar un trauma xunto a ela?
Agridoce, sincera e cun humor un tanto escuro,  Language  Lessons explora o amor  platónico dunha maneira encantadora e moi emotiva.

  • Título orixinal: Language Lessons
  • Ano: 2021
  • Duración: 91 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Natalie Morales
  • Guión: Mark Duplass, Natalie Morales
  • Elenco: Natalie Morales, Mark Duplass, Desean Terry. Voz: Christine Quesada
  • Música: Gaby Moreno
  • Fotografía: Jeremy Mackie
  • Produtora: Duplass Brothers Productions
  • Distribuidora: Festival Films
Gotham 2021 (Candidata a mejor intérprete revelación: Natalie Morales)