La odisea de los giles
- Estrea
- +12
La odisea de los giles
- Estrea
- +12
En Arxentina, o termo “gil” refírese a unha persoa boa, inxenua e á vez un pouco incauta… Coma o grupo de veciños dunha vila de Bos Aires, que decide depositar todos os seus aforros nun banco para crear unha cooperativa agrícola que, segundo cren, cambiará o seu destino. Mais vítimas da estafa dun avogado y un banqueiro corruptos, acabarán perdendo todo o seu diñeiro. Liderados por Perlassi (Ricardo Darín), lenda do fútbol local, estes nove giles tomarán a xustiza pola súa man nunha noite que se converterá na máis lendaria das súas vidas.
Dirixida por Sebastián Borensztein (gañador do Goya por Un cuento chino), La odisea de los giles está baseada na novela La noche de la Usina, do popular escritor arxentino Eduardo Sacheri (El secreto de sus ojos).
- Título orixinal: La odisea de los giles
- Ano: 2019
- Duración: 116 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Sebastián Borensztein
- Guión: Sebastián Borensztein, Eduardo Sacheri (Novela: Eduardo Sacheri)
- Elenco: Ricardo Darín, Luis Brandoni, Chino Darín, Verónica Llinás, Daniel Aráoz, Carlos Belloso, Rita Cortese, Andrés Parra, Marco Antonio Caponi, Ailín Zaninovich
- Montaxe: Alejandro Carrillo Penovi
- Dirección de arte: Daniel Gimelberg
- Son: Victoria Franzan
- Música: Federico Jusid
- Fotografía: Rodrigo Pulpeiro
- Produtora: K&S Films, Kenya Films (Arxentina), Mod Producciones (España)
- Distribuidora: Alfa Pictures