La llorona
- Estrea
- +16
La llorona
- Estrea
- +16
Coas palabras «si llorás, te mataré» resoando nos seus oídos, Alma e os seus fillos son asasinados no conflito armado de Guatemala. Trinta anos despois, ábrese unha causa penal contra Enrique, un xeneral retirado que supervisou o xenocidio. Mais o xuízo é declarado nulo e el é absolto, e o espírito de La Llorona libérase para vagar polo mundo como un alma perdida entre os vivos. Polas noites, Enrique comeza a escoitala chorar. A súa esposa e fillo cren que está sufrindo accesos de demencia relacionados co Alzheimer. Non sospeitan que a súa nova ama de chaves, Alma, está alí para inflixir a vinganza que non logrou o xuízo.
- Título orixinal: La llorona
- Ano: 2019
- Duración: 97 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Jayro Bustamante
- Guión: Jayro Bustamante
- Elenco: María Mercedes Coroy, Sabrina De La Hoz, Julio Diaz, Juan Pablo Olyslager, Ayla-Elea Hurtado, María Telón, Margarita Kénefic
- Montaxe: Jayro Bustamante, Gustavo Matheu
- Dirección de arte: Sebastián Muñoz
- Son: Eduardo Cáceres Staackmann
- Música: Pascual Reyes
- Fotografía: Nicolas Wong
- Produtora: La Casa de Producción (Guatemala), Les Films du Volcan (Francia)
- Distribuidora: Atera Films
Venecia 2019 (Giornate degli Autori - premio Venice Days), La Habana 2019 (premio especial do xurado e mellor son)