La gran Navidad de los animales

Pase único 30 de novembro

La gran Navidad de los animales

Unha cita coa tenrura, a aventura e a maxia do inverno. La gran navidad de los animales  reúne cinco historias independentes protagonizadas por animais que viven sorprendentes viaxes por todo o mundo: do norte nevado ao Xapón máis poético, pasando por bosques encantados e vilas acolledoras.

Dirixida por seis cineastas de distintos países, este filme celebra os valores da amizade, a xenerosidade e o respecto á diversidade, cunha mirada artística e delicada. La gran navidad de los animales é unha alternativa sensible e diferente das grandes estreas do Nadal.

Apto para todos os públicos e especialmente indicado para nenos e nenas de entre tres e sete anos.

  • Título orixinal: Le Grand Noël des animaux
  • Ano: 2024
  • Duración: 72 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Camille Almeras, Caroline Attia Larivière, Ceylan Beyoglu, Haruna Kishi, Natalia Chernishova, Olesya Shchukina, Natalia Chernysheva
  • Guión: VV.AA
  • Música: Pablo Pico
  • Produtora: Les Valseurs
  • Distribuidora: Rita & Luca