La casa entre los cactus

  • Estrea
  • +12

La casa entre los cactus

  • Estrea
  • +12

Emilio e Rosa crearon unha familia perfecta. Nos anos setenta, nalgún desértico lugar das Illas Canarias, construíron un fogar cheo de amor polas súas cinco fillas, todas con nomes de flor: Lis, Iris, Melisa, Lila e Dalia. Aquí, apartados da civilización e dunha vida que deixaron atrás no seu país, gozan dun particular paraíso, alleos ao resto do mundo. Un mundo que supón unha ameaza e que, de interferir coa familia, podería acabar con ela para sempre. Emilio e Rosa sábeno, son os únicos conscientes do perigo que corren, e por iso levan toda unha vida ocultando ás súas fillas un terrible secreto.

  • Título orixinal: La casa entre los cactus
  • Ano: 2022
  • Duración: 88 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Carlota González-Adrio
  • Guión: Paul Pen
  • Elenco: Ariadna Gil, Daniel Grao, Ricardo Gómez, Zoe Arnao, Aina Picarolo, Anna Ruiz, Carla Ruiz, Judith Fernández, Marga Arnau
  • Montaxe: Sofi Escudé
  • Dirección de arte: Soledad Seseña
  • Vestiario: Marta Murillo Arias
  • Son: Tamara Arévalo
  • Música: Zeltia Montes
  • Fotografía: Kiko de la Rica
  • Produtora: DZ Largometrajes y Audiovisuales, Cine 365 Films
  • Distribuidora: Filmax