Jacinto

  • Estrea
  • +16

Jacinto

  • Estrea
  • +16

Jacinto é un neno de nove anos encerrado no corpo dun home por volta dos cincuenta. Vive cos seus anciáns pais en Mallou, un pobo en ruínas no medio das montañas de Lugo. Son os tres únicos habitantes que quedan. Jacinto fabricou un mundo de fantasía no que é o rei absoluto, pero todo cambia coa chegada dunha nova parella de veciñas: Alex e Ana, dúas escuras artistas black metaleras vindas desde Suecia en busca dun lugar tranquilo onde gravar o novo disco da súa banda “ Tardigrades”.

Os mundos de ambas as familias non poderían ser máis diferentes, e non tardan en darse os primeiros rozamentos e problemas. Jacinto ten moi claro que Mallou é demasiado pequeno para os cinco. Igual que nas películas, ten que elaborar un plan para facer desaparecer ás recentemente chegadas e traer a paz á súa familia.

  • Título orixinal: Jacinto
  • Ano: 2021
  • Duración: 95 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Javi Camino
  • Guión: Javi Camino
  • Elenco: Pedro Brandariz, Anxela Baltar, Miro Magariños, Pilar Miguélez, Juanma Buiturón, Corinna Rautenberg
  • Música: Wenceslao Lamas Lopez
  • Fotografía: Fran Arnoso
  • Produtora: Vizuals Lab
  • Distribuidora: Baños Films
Sitges 2021 (Premio Público Panorama), Austin Film Festival 2021 (Premio do Xurado Dark Matters), FKM Coruña 2021 (Mellor filme, Mellor Guión, Mellor intérprete: Pedro Brandariz), Genreblast 2021 (Mellor Midnight / WTF longametraxe, Mellor actor de reparto: Juanma Buiturón)