Idrissa, crónica dunha morte calquera
- Estrea
- +7
Idrissa, crónica dunha morte calquera
- Estrea
- +7
Idrissa Diallo, un rapaz de 21 anos de orixe guineana, morreu dunha insuficiencia cardíaca a Noite de Reis do ano 2012 no el Centro de Internamento de Estranxeiros (CIE) da Zona Franca, en Barcelona. As autoridades desestiman a investigación da súa morte, non informan á familia e o corpo foi enterrado nun nicho anónimo. Unha morte silenciada que forma parte do grande número de historias con tráxico final cuxas circunstancias están aínda pendentes de esclarecerse. A longametraxe pretende sensibilizar á sociedade sobre a grave situación de discriminación e inxustiza que se está producindo ao normalizar que os estranxeiros non son cidadáns e podemos privalos da maioría de dereitos, e supón a busca de respostas sobre que lle aconteceu a Idrissa esa noite nunha cela do controvertido centro de detención.
- Título orixinal: Idrissa, crònica d'una mort qualsevol
- Ano: 2019
- Duración: 94 minutos
- Idioma orixinal: Catalán
- Dirección: Xavier Artigas, Xapo Ortega
- Guión: Laia Manresa
- Música: Filastine
- Fotografía: Lucía Venero
- Produtora: Metromuster , Polar Star Films