Hispanoamérica, canto de vida y esperanza
- Estrea
- TP
Hispanoamérica, canto de vida y esperanza
- Estrea
- TP
Película documental de José Luis López-Linares, tres veces gañador do Premio Goya. Trátase dun proxecto que ofrece unha visión renovada e visualmente poderosa de como naceu e desenvolveuse a América Española. Iniciada en novembro de 2022, rodouse en Ecuador, España, Perú, Bolivia, México e Estados Unidos.
Con entrevistas a máis de sesenta historiadores e expertos internacionais, fundamentalmente americanos, a película mostra, a través do esplendor visual que constitúe o patrimonio arquitectónico, pictórico, escultórico e musical da época, a gran historia compartida entre España e América durante máis de trescentos anos, aínda vixente a día de hoxe.
- Título orixinal: Hispanoamérica, canto de vida y esperanza
- Ano: 2023
- Duración: 115 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: José Luis López-Linares
- Guión: José Luis López-Linares
- Distribuidora: Bosco Fiñms