
Happy Together
- Universo Wong Kar Wai
- Patrimonio e repertorio
- +18
Happy Together
- Universo Wong Kar Wai
- Patrimonio e repertorio
- +18
Lai Yiu-Kai e Ho Po-Wing viven unha apaixonada relación. Viaxan desde Hong Kong a Arxentina para comezar de cero unha nova vida, mais a chegada ao novo país semella transformar as cousas entre eles e Ho, de súpeto, abandona a Lai. Este comeza a traballar nun bar de tango, co único afán de reunir diñeiro abondo para volver ao seu país. Un día Ho reaparece, mais nada é xa como antes.
- Título orixinal: 春光乍洩 - Chun gwong tsa sit
- Ano: 1997
- Duración: 98 minutos
- Idioma orixinal: Cantonés
- Dirección: Wong Kar Wai
- Guión: Wong Kar Wai
- Elenco: Leslie Cheung, Tony Leung Chiu-Wai, Gregory Dayton, Chang Chen, Shirley Kwan
- Montaxe: William Chang, Ming Lam Wong
- Dirección de arte: William Chang
- Son: Chi-Tat Leung
- Música: Danny Chung
- Fotografía: Christopher Doyle
- Produtora: Block 2 Pictures, Jet Tone Production (Hong Kong), Prénom H Co (Xapón), Seowoo Film Company (Corea do Sur)
- Distribuidora: Avalon
Cannes 1997 (mellor director)


