Gunda

  • Estrea
  • TP

Gunda

  • Estrea
  • TP

Un vívido retrato da vida de Gunda e os seus bacoriños que nos devolve á pureza do cinema das orixes. Un filme visionario de Victor Kossakovsky.
Gunda é a protagonista deste documental en branco e negro. Coida dos seus fillos, acompáñaos nos seus descubrimentos e tómase un pequeno respiro para recuperar a enerxía. Achégase curiosa á cámara. Sabe cal será o seu destino? Que é o que estará a pensar? Que pensará de nós? Gunda é unha dos varios centenares de millóns de porcos que habitan o planeta xunto con máis de 20 mil millóns de pitos. Están xogando no barro, espantando as moscas ou buscando vermes, todos eles son heroes.

Unha experiencia sensorial sen filtros que nos traslada a unha granxa para seguir as vidas dos animais que a habitan. O cineasta convídanos a baixar o ritmo e a mergullarnos nunha contorna idílica, nun potente branco e negro, sen diálogos nin interferencias. Desde unha nova perspectiva, fainos meditar sobre a misteriosa conciencia animal, feito que como sociedade decidimos ignorar para evitarnos dilemas difíciles de dixerir. Producida por Joaquin Phoenix e estreada na Berlinale.

  • Título orixinal: Gunda
  • Ano: 2020
  • Duración: 93 minutos
  • Idioma orixinal: Sen idioma
  • Dirección: Viktor Kossakovsky
  • Guión: Viktor Kossakovsky, Ainara Vera
  • Fotografía: Viktor Kossakovsky, Egil Håskjold Larsen
  • Produtora: Louverture Films, Sant and Usant
  • Distribuidora: Filmin Cinema
Berlinale 2020, Premios ddo Cine Europeo 2020 (nominado a Mellor Documental)