Gordon e Paddy

Gordon e Paddy

O xefe de policía do bosque Gordon está a piques de retirarse e debe atopar un novo asistente. Paddy, unha ratiña intelixente cun gran sentido do olfato parece ser a candidata axeitada. Xuntos teñen que resolver o último caso de Gordon: o misterio das landras do esquío desaparecidas. Podería ser a raposa quen as levou? Gordon e Paddy descubrirano de contado.

Un filme sobre a amizade entre xeracións, o intercambio de coñecementos e a importancia de non tirar conclusións antes de tempo.

 

28 DE MARZO

Entrada de balde. A adquirir no despacho de billetes antes da proxección.

*Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

 

 

  • Título orixinal: Gordon och Paddy
  • Ano: 2017
  • Duración: 62 minutos
  • Idioma orixinal: Sueco
  • Dirección: Linda Hambäck
  • Guión: Jan Vierth (Libro: Ulf Nilsson, Gitte Spee)
  • Música: Martin Landquist
  • Fotografía: Animación: Gabriel Mkrttchian
  • Produtora: Lee Film, Film I Väst, SVT (Suecia)
  • Distribuidora: Pack Màgic
Xixón 2018 (Sección oficial), Internationale Filmespiele Berlin 2018 (Sección Oficial)