Furiosa: Da saga Mad Max
- Estrea
- +16
Furiosa: Da saga Mad Max
- Estrea
- +16
Nun mundo postapocalíptico onde todo perdeu o seu valor, os poucos sobreviventes guíanse pola lei do máis forte. Sen aprecio pola vida, o único que esperta un brutal interese é a gasolina, sinónimo de poder e obxectivo de bandas armadas ata os dentes e sen escrúpulos.
Neste contexto, a moza Furiosa é arrebatada do Lugar Verde de Moitas Nais e cae en mans dunha gran Horda de Motociclistas liderada polo Señor da Guerra Dementus. Furiosa debe sobrevivir a moitas probas mentres reúne os medios para atopar o camiño a casa.
Anya Taylor-Joy e Chris Hemsworth protagonizan a esperada volta ao icónico mundo distópico que creou hai máis de 30 anos coas películas seminales de Mad Max. Miller volve pasar páxina cunha nova aventura de acción orixinal e independente que desvelará as orixes do poderoso personaxe de Mad Max: Fury Road, gañadora de varios Óscar e éxito mundial.
- Título orixinal: Furiosa: A Mad Max Saga
- Ano: 2024
- Duración: 143 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: George Miller
- Guión: Nick Lathouris, George Miller
- Elenco: Anya Taylor-Joy, Chris Hemsworth, Tom Burke, Nathan Jones, Angus Sampson, Daniel Webber, Lachy Hulme
- Montaxe: Eliot Knapman, Margaret Sixel
- Dirección de arte: Nicholas Dare, Jacinta Leong
- Vestiario: Jenny Beavan
- Música: Junkie XL
- Fotografía: Simon Duggan
- Produtora: Warner Bros, Kennedy Miller Mitchell
- Distribuidora: Warner Bros