Franz e o director de orquestra

Franz e o director de orquestra

Franz acompaña o seu pai, director de orquestra, a un campamento musical de verán. Gustaríalle tocar un instrumento, mais é cativo de máis. Porén, para salvar o concerto, axudaralle ao músico solista, que é vítima da ruindade dos outros nenos. As historias deste trío, entre
risas e bágoas, uniranse ao redor da música.

Filme dobrado ao español, recomendado para crianzas de 3 anos en diante.

Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes antes da proxección.

Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

  • Título orixinal: Bland Tistlar
  • Ano: 2015
  • Duración: 46 minutos
  • Idioma orixinal: Sueco
  • Dirección: Uzi Geffenblad, Lotta Geffenblad
  • Distribuidora: Rita & Luca Films