Fire of love

  • Estrea
Estrea 26 de agosto

Fire of love

  • Estrea

Katia era xeoquímica e Maurice xeólogo. O Etna e o Stromboli, os seus referentes. Xuntos compartiron unha vida apaixonante, un amor volcánico e rebuldeiro vivido ao límite.

Nos anos 70 iniciaron unha procura conxunta que duraría dúas décadas e levaríaos a viaxar por todo o mundo para estudar a erupción dos volcáns. Zaire, Hawaii, Indonesia, Estados Unidos, Xapón... Maurice filmaba en 16mm e Katia facía fotos a pé dos cráteres. Nunca se viron unhas imaxes similares.

A partir de 200 horas de material de arquivo inédito e das notas e escritos persoais de Katia e Maurice, a artista Miranda July cóntanos o fascinante universo destes dous vulcanólogos inclasificables. O excepcional material de arquivo descóbrenos unha épica historia de amor entre dous exploradores que entregaron a súa vida ao estudo pioneiro dos volcáns.

  • Título orixinal: Fire of love
  • Ano: 2022
  • Duración: 93 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Sara Dosa
  • Guión: Shane Boris, Erin Casper, Jocelyne Chaput, Sara Dosa
  • Participación: Narradora: Miranda July
  • Música: Nicolas Godin
  • Fotografía: Pablo Álvarez-Mesa
  • Produtora: Sandbox Films
  • Distribuidora: Caramel Films
Sundance 2022 (Mellor Montaxe - Documental)