Eureka
- Estrea
- +16
Eureka
- Estrea
- +16
Un cowboy solitario (Viggo Mortensen) adéntrase nunha vila sen lei en busca de vinganza. Paralelamente, na reserva de Pine Ridge, en Dakota do Sur, Alaina está cansa do seu traballo como policía e deixa de responder as alertas de radio unha fría noite de inverno. A súa sobriña Sadie pasa a noite agardándoa en van. Coa axuda do seu avó, Sadie decide emprender unha viaxe a través do tempo e o espazo até un lugar de Sudamérica, onde poderá deixar de lado vellos westerns en branco e negro que non a representan, para se centrar en escoitar os soños e os relatos doutras persoas, as que aínda viven na selva.
Os paxaros non falan cos humanos, pero se puidésemos entendelos, terían moitas verdades que nos contar.
- Título orixinal: Eureka
- Ano: 2023
- Duración: 146 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Lisandro Alonso
- Guión: Lisandro Alonso, Fabián Casas, Martín Camano
- Elenco: Viggo Mortensen, Chiara Mastroianni, Alaina Clifford, Sadie Lapointe, Villbjørk Malling, Adanilo, Marcio Marante, Luisa Cruz, Rafi Pitts
- Montaxe: Gonzalo del Val
- Dirección de arte: Ivonne Fuentes
- Vestiario: Natalia Seligson
- Son: Catriel Vildosola
- Música: Domingo Cura
- Fotografía: Mauro Herce, Timo Salminen
- Produtora: 4L, Luxbox, Komplizen Film, Woo Films, Rosa Filmes, Fortuna Films (Arxentina)
- Distribuidora: Atalante