Eu, Daniel Blake
- DUPLEX x EOI
- Patrimonio e repertorio
- +12
Eu, Daniel Blake
- DUPLEX x EOI
- Patrimonio e repertorio
- +12
Por vez primeira na súa vida, vítima de problemas cardiacos, Daniel Blake, carpinteiro inglés de 59 anos, vese obrigado a acudir ás axudas sociais. Porén, a pesar de que o médico lle prohibiu traballar, a administración obrígalle a buscar un emprego se non quere recibir unha sanción. No transcurso das súas citas ao job center, Daniel crúzase con Rachel, unha nai solteira de dous nenos que tivo que aceptar un aloxamento a 450 km da súa cidade para evitar que a envíen a un fogar de acollida. Prisioneiros da maraña de aberracións administrativas actuais de Gran Bretaña, Daniel e Rachel tentarán axudarse mutuamente.
- Título orixinal: I, Daniel Blake
- Ano: 2016
- Duración: 101 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Ken Loach
- Guión: Paul Laverty
- Elenco: Hayley Squires, Natalie Ann Jamieson, Dave Johns, Micky McGregor, Colin Coombs, Bryn Jones, Mick Laffey, Dylan McKiernan, John Sumner, Briana Shann, Rob Kirtley
- Montaxe: Jonathan Morris
- Dirección de arte: Caroline Barton
- Vestiario: Jo Slater
- Son: Adam Scrivener
- Música: George Fenton
- Fotografía: Robbie Ryan
- Produtora: BBC, BFI, Sixteen Films (Reino Unido)
- Distribuidora: Caramel Films España
Cannes 2016 (Palma de Ouro ao mellor filme), Locarno 2016 (premio do público), Donostia 2016 (premio do público), Vancouver 2016 (premio do público)