El apartamento

Pase único 29 de decembro

El apartamento

C.C. Baxter (Jack Lemmon) é un modesto pero ambicioso empregado dunha compañía de seguros de Manhattan. Está solteiro e vive só nun discreto apartamento que presta ocasionalmente aos seus superiores para as súas citas amorosas. Ten a esperanza de que estes favores lle sirvan para mellorar a súa posición na empresa. Porén, a situación cambia cando namora dunha ascensorista (Shirley Maclaine), que resulta ser a amante dun dos seus xefes.

  • Título orixinal: The Apartment
  • Ano: 1960
  • Duración: 125 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Billy Wilder
  • Guión: Billy Wilder, I.A.L. Diamond
  • Elenco: Jack Lemmon, Shirley MacLaine, Fred MacMurray, Ray Walston
  • Música: Adolph Deutsch
  • Fotografía: Joseph LaShelle
  • Produtora: United Artists, The Mirisch Corporation