Earwig e a bruxa
- Público mozo
- TP
Earwig e a bruxa
- Público mozo
- TP
Earwig, unha nena de 10 anos, ten a habilidade de manipular aos demais para que todos fagan o que queira. Orfa desde bebé, leva unha vida agradábel e moi feliz nun fogar para nenos onde todos atenden os seus caprichos.
Un bo día, un home e unha muller de aspecto estraño adóptana. “O meu nome é Bela Iaga. Son unha bruxa”, dille a súa nova madrasta a Earwig. “Tróuxente á miña casa porque quero que sexas a miña axudante”. Pola súa banda, o home estraño só aparece para almorzar. Está sempre de mal humor e ten o costume de dicir: “Non me amoledes”.
Por primeira vez na súa vida, Earwig topará cunhas persoas que non se renden ante os seus desexos. Vivirá unha serie de aventuras e situacións que farán que descubra o enorme potencial que sempre gardou no seu interior.
- Título orixinal: アーヤと魔女 - Āya to Majo
- Ano: 2020
- Duración: 82 minutos
- Idioma orixinal: Xaponés
- Dirección: Goro Miyazaki
- Guión: Keiko Niwa, Emi Gunji, Hayao Miyazaki e Diana Wynne Jones (Historia: Diana Wynne Jones)
- Produtora: Studio Ghibli, NHK
- Distribuidora: Vértigo