E.T. o extraterrestre

E.T. o extraterrestre

Un pequeno ser doutro planeta queda abandonado na Terra cando a súa nave, ao emprender o regreso, esquécese del. Está completamente só e ten medo, pero farase amigo dun neno, que o esconde na súa casa. O pequeno e os seus irmáns tentan atopar a forma de que o pequeno extraterrestre regrese ao seu planeta antes de que o atopen os científicos e a policía.

  • Título orixinal: E.T. The Extra-Terrestrial
  • Ano: 1982
  • Duración: 115 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Steven Spielberg
  • Guión: Melissa Mathison
  • Elenco: Henry Thomas, Dee Wallace, Robert MacNaughton, Drew Barrymore
  • Música: John Williams
  • Fotografía: Allen Daviau
  • Distribuidora: Universal Pictures