E choveron paxaros
- Estrea
- +12
E choveron paxaros
- Estrea
- +12
Esta é a historia de tres anciáns que elixiron retirarse do mundo e vivir nos bosques de Canadá. Ao tempo que un gran incendio ameaza a rexión, alguén chega até o seu agocho. Dá con eles unha rapaza fotógrafa na procura dun tal Boychuck. E non é a única. Ao pouco, unha muller de máis de 80 anos aparece como unha brisa lixeira que alborotará as súas vidas. Mentres intentan comprender a historia de Boychuck a través das súas pinturas, algo extraordinario xurdirá entre todos eles.
Baseada na novela E choveron paxaros, de Jocelyne Saucier.
- Título orixinal: Il pleuvait des oiseaux
- Ano: 2019
- Duración: 127 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Louise Archambault
- Guión: Louise Archambault
- Elenco: Kenneth Welsh, Andrée Lachapelle, Gilbert Sicotte, Rémy Girard, Ève Landry, Éric Robidoux, Louise Portal
- Montaxe: Richard Comeau
- Dirección de arte: Marie-Claude Gosselin, Jean Le Bourdais
- Vestiario: Caroline Poirier
- Son: Sylvain Bellemare
- Música: Will Driving West (David Ratté, Andréa Bélanger)
- Fotografía: Mathieu Laverdière
- Produtora: Films Outsiders
- Distribuidora: Avalon
Donostia 2019 (sección oficial)