Dune
- Estrea
- +12
Dune
- Estrea
- +12
Arrakis, o planeta do deserto, feudo da familia Harkonnen dende hai xeracións, queda en mans da Casa dos Atreides logo de que o emperador ceda á casa a explotación das reservas de especia, unha das materias primas máis valiosas da galaxia e tamén unha droga capaz de amplificar a conciencia e estender a vida. O duque Leto (Oscar Isaac), a dama Jessica (Rebecca Ferguson) e o seu fillo Paul Atreides (Timothée Chalamet) chegan a Dune coa esperanza de recuperar o renome da súa casa, mais cedo se verán envoltos nunha trama de traizóns e enganos que os levará a cuestionar a súa confianza entre os seus máis próximos aliados e a valorar as tribos locais de Dune, os Fremen, unha estirpe de habitantes do deserto cunha estreita relación coa especia.
- Título orixinal: Dune
- Ano: 2021
- Duración: 155 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Denis Villeneuve
- Guión: Eric Roth, Denis Villeneuve, Jon Spaihts (Novelas: Frank Herbert)
- Elenco: Timothée Chalamet, Rebecca Ferguson, Oscar Isaac, Josh Brolin, Zendaya, Stellan Skarsgård, Javier Bardem, Jason Momoa, Charlotte Rampling, Dave Bautista
- Montaxe: Joe Walker
- Dirección de arte: Patrice Vermette
- Vestiario: Jacqueline West
- Son: Theo Green
- Música: Hans Zimmer
- Fotografía: Greig Fraser
- Produtora: Legendary Pictures, Villeneuve Films, Warner Bros.
- Distribuidora: Warner Bros.