Lotte Reiniger: Dr. Dolittle e os seus animais
- Petís DUPLEX 2022
- Patrimonio e repertorio
- TP
Lotte Reiniger: Dr. Dolittle e os seus animais
- Petís DUPLEX 2022
- Patrimonio e repertorio
- TP
Compilación de varias curtametraxes realizadas pola pioneira da animación Lotte Reiniger, que utilizaba a técnica do stop- motion para dar vida ás súas fermosas e elaboradas siluetas.
O Dr. Dolittle e os seus animais (Doktor Dolittle und seine tiere) Tres curtametraxes do 1927 ao 1930:
Dr. Dolittle, un veterinario cun don para falar cos animais, aventúrase a África para curar a un grupo de monos enfermos.
A dote (The Tocher) 1939:
Os pais de Rhona, a namorada de Angus, quérena casar cun parente rico. Por sorte as fadas do bosque arranxan o asunto regalándolle ao pretendente un caderno de aforros.
Reiniger colabora co músico Benjamín Britten adaptando este conto popular en gaélico ás Soirées do compositor italiano Rossini.
A bela durminte (Tornerose) 1922:
Cando nace a princesa, o rei e a raíña invitan ás fadas de todas as flores, pero esquécense do cardo. A fada do cardo enfurece e lánzalle unha maldición á pequena. Adaptación do conto de Charles Perrault.
Aucassin e Nicolette (1974) baseado nunha obra medieval anónima francesa.
O autor ou autora desafía as convencións da época nesta parodia na que a dama en apuros é a verdadeira heroína, mentres que o príncipe non consegue resolver nada.
A partir de 3 anos
Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes antes da proxección.
Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol
- Título orixinal: Dr. Dolittle und seine Tiere
- Ano: 1928
- Duración: 60 minutos
- Idioma orixinal: Alemán
- Dirección: Lotte Reiniger
- Guión: Novela: Hugh Lofting
- Fotografía: Carl Koch
- Distribuidora: Goethe Institut