CIMA en CURTA

  • Estrea

CIMA en CURTA

  • Estrea

Sesión composta por cinco curtametraxes que serán presentadas polas súas directoras. Organizado por CIMA (Asociación de Mulleres Cineastas) e coa colaboración do Concello de Ferrol

Entrada gratuíta a recoller na billeteira a partir do mércores 28 de xullo.

Carne (12 min)

Camila Kater
Málaga 2020 (Mellor Curta Documental) | SEMINCI 2019 (Mellor Curtametraxe Europea)
A través de relatos íntimos e persoais, cinco mulleres comparten as súas experiencias en relación co corpo, desde a infancia até a terceira idade.

Xoves de comadres (18 min)

Noemí Chantada
Málaga 2020 (Premio do Público)
O seu mundo era xa como un formigueiro baleiro, unha colmea case seca á que chegou un grilo  bulideiro.

Tercera oportunidad (7 min)

Xudit Casas
Nunha relación de parella, quen ten o poder?


Dores (23 min)

Coral Piñeiro González
Dores responde a unha necesidade moi clara: loitar contra o esquecemento do ocorrido durante a ditadura de Franco en Galicia e as súas consecuencias.

Muller personaxe

Lucía Estévez
Premio María Luz Morales a mellor videoensaio galego
A directora sérvese dunha entrevista coa súa nai para fiar unha reflexión sobre o rostro feminino na pantalla galega.
 

 

  • Título orixinal: CIMA en CURTA
  • Ano: 2021
  • Duración: 70 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Varias
  • Distribuidora: CIMA