Curtametraxes Agnès Varda 3
- Retrospectiva Agnés Varda
- Patrimonio e repertorio
Curtametraxes Agnès Varda 3
- Retrospectiva Agnés Varda
- Patrimonio e repertorio
[1] Réponse de femmes: Notre corps, notre sexe 1975 8': En 1975, o programa "F come femme" da canle televisiva francesa Antenne 2, lanza ao público a pregunta: Que é ser muller?. Sete directoras esbozan unha resposta.
"Réponse de femmes: Notre corps, notre sexe" é a resposta de Varda: un curto de agit- prop (ou cinema panfleto) que enfronta á sociedade patriarcal a través dos testemuños de múltiples mulleres.
[2] 7 p., cuis., s. de b., ... à saisir 1984 | 28': Visita pouco habitual dun gran departamento baleiro... Baleiro ou cheo? Poida que unha familia vivira nel ou vaia a vivir, poida que os antigos habitantes de antes non se foran. As paredes gardan e contan un estraño pasado.
[3] Ulysse 1983 | 22': A beiras do mar, unha cabra, un neno e un home... Trátase dunha enigmática e bela fotografía que a propia directora tomara en Exipto case trinta anos antes. Varda ofrécenos unha análise dos significados mitolóxico, alegórico, histórico e persoal, nunha apaixonada exploración entre o imaxinario e o real confrontando a memoria coa inmortalidade do instante fotográfico.
[4] Lles dites cariatides 1984 | 11': Estudo artístico centrado nas cariátides de París, con versos de Baudelaire de fondo.
[5] You've Got Beautiful Stairs, You Know / T'as de beaux escaliers, tu sais 1986 | 3': Homenaxe a a Cinemateca francesa no seu 50 aniversario narrado por Isabelle Adjani.
Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes a partir do venres anterior á proxección. Máximo dúas entradas por persoa.
Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol
- Título orixinal: Curtametraxes Agnès Varda 3
- Ano: 2021
- Duración: 72 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Agnès Varda
- Guión: Agnès Varda
- Participación: Catherine Reyss, Agnès Varda [1] | Louis Bec, Colette Bonnet, Saskia Cohen Tanugi, Catherine De Barbeyrac, Pierre Esposito, Marthe Jarnias, Hervé Mangani, Yolande Moreau, Folco Chevalier, Michèle Nespoulet [2] | Isabelle Adjani, Agnès Varda [5]
- Música: Pierre Barbaud [2, 3] | Jean-Charles Guirand [4] | Michel Legrand [5]
- Fotografía: Jacques Reiss, Michel Thiriet [1] | Nurit Aviv [2] | Jean-Yves Escoffier, Pascal Rabaud [3] | Grzegorz Kuczeriszka [4] | Patrick Blossier [5]
- Produtora: Ciné Tamaris
- Distribuidora: Avalon