Curtametraxes Agnès Varda 1

Curtametraxes Agnès Varda 1

L' opéra- mouffe (1958) Visión dunha muller embarazada do barrio parisiense da Mouffe. 16'.

Du côté da côte (1958) Un caderno humorístico de viaxe pola Riviera Francesa. 25'

Les fiancés du pont Macdonald (1961) Nesta divertida parodia do cinema mudo, un mozo ve a vida en negro cando se pon as lentes de sol, pero todo arránxase cando llas quita. 5'

Salut les cubains (1963) Varda viaxa a Cuba pouco despois do triunfo da Revolución par ver e filmar o que alí pasaba. Mediante a montaxe anima mil cincocentas das máis de catro mil instantáneas que tomou, conseguindo que as persoas retratadas canten e bailen, no que ela denomina como "socialismo e cha cha cha". 30'

Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes a partir do venres anterior á proxección. Máximo dúas entradas por persoa.

Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

  • Título orixinal: Curtametraxes Agnès Varda 1
  • Duración: 76 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Agnès Varda
  • Guión: Agnès Varda
  • Produtora: Ciné Tamaris | Argos Films | Société Nouvelle Pathé
  • Distribuidora: Avalon