Cuñados
- Estrea
- +7
Cuñados
- Estrea
- +7
Eduardo (Miguel de Lira) e o seu cuñado Sabonis (Xosé A. Touriñán) acaban de meter a pata nun dos seus negocios e necesitan diñeiro. Moito diñeiro. Será Sabonis quen atope a solución ao problema secuestrando a Modesto (Federico Pérez Rey), cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que lles enganou e deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar nin un euro polo seu cuñado. Con todo, é o propio Modesto quen urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a adega familiar. Estes tres cuñados téñeno todo para fracasar, pero como diría Sabonis, malo será.
- Título orixinal: Cuñados
- Ano: 2021
- Duración: 89 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Toño López
- Guión: Araceli Gonda
- Elenco: Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez, Eva Fernández, Iolanda Muíños, María Vázquez, Mela Casal
- Música: Santi Jul, Iván laxe
- Fotografía: Jaime Pérez Fernández
- Produtora: Portocabo, TVE, Televisión de Galicia (TVG)
- Distribuidora: Filmax