
Costa da Morte
- DUPLEX DÚO
- Patrimonio e repertorio
- Todos os públicos
Costa da Morte
- DUPLEX DÚO
- Patrimonio e repertorio
- Todos os públicos
A Costa da Morte é unha rexión de Galicia que foi considerada a fin do mundo durante o Imperio Romano. O seu dramático nome provén dos numerosos naufraxios que sucederon ao longo da historia nesta zona de rochas, néboas e temporais. Atravesamos esta terra observando as persoas que a habitan. Somos testemuñas do traballo que realizan, que lles leva a manter, ao tempo, unha relación íntima e unha batalla coa inmensidade do entorno natural. O vento, a pedra, o mar, o lume, son personaxes neste filme, e a través deles achegámonos ao misterio que supón a paisaxe, entendida como unidade xunto ao home, a historia e o mito.
- Título orixinal: Costa da Morte
- Ano: 2013
- Duración: 83 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Lois Patiño
- Participación: Carla Andrade
- Montaxe: Lois Patiño, Pablo Gil Rituerto
- Son: Miguel Calvo "Maiki" y Erik T. Jensen
- Música: Ann Deveria
- Fotografía: Lois Patiño
- Produtora: Zeitun Films
- Distribuidora: Zeitun Films
Locarno 2013 (mellor director emerxente - sección Cineastas do presente), Jeonju 2014 (mellor filme), FICUNAM 2014 (Puma de prata ao mellor filme)



