Conspiración no Cairo

  • Estrea
  • +16

Conspiración no Cairo

  • Estrea
  • +16

O primeiro día de clases despois das vacacións, o Gran Imán derrúbase e morre fronte aos seus alumnos na Al Azhar, a universidade teolóxica máis importante de Exipto. Empeza así unha feroz batalla para gañar o  seu posto vacante. Adam, humilde fillo dun pescador que ingresou na universidade, vese envolvido no fragor dunha loita de poder implacable entre as elites relixiosas e políticas do país.

Inspirada n'O nome da rosa e as novelas de John le Carré, a nova película do director sueco de orixe exipcia Tarik Saleh é un thriller de suspense que se alzou co premio ao mellor guión no festival de Cannes 2022.

  • Título orixinal: Boy from Heaven
  • Ano: 2022
  • Duración: 120 minutos
  • Idioma orixinal: Árabe
  • Dirección: Tarik Saleh
  • Guión: Tarik Saleh
  • Elenco: Tawfeek Barhom, Fares Fares, Mohammad Bakri, Makram J. Khoury, Mehdi Dehbi, Moe Ayoub, Sherwan Haji, Ahmed Laissaoui
  • Montaxe: Theis Schmidt
  • Música: Krister Linder
  • Fotografía: Pierre Aïm
  • Produtora: Atmo Production, Memento Films, Film I Väst, Final Cut for Real, Oy Bufo Ab, arte France Cinéma
  • Distribuidora: La Aventura
Cannes 2022 (Mellor guión), César 2022 (candidata a Mellor Filme Estranxeiro), SEMINCI 2022 de Valladolid (sección oficial)