Condenados

  • Estrea
  • +16
Estrea 25 de xullo

Condenados

  • Estrea
  • +16

Eva, unha idealista funcionaria de prisións, enfróntase ao dilema da súa vida cando un mozo do seu pasado ingresa na prisión onde ela traballa. Sen revelar o seu secreto, Eva pide ser trasladada ao mesmo pavillón que o mozo, a zona máis dura e violenta do centro. Dá comezo un inquietante thriller psicolóxico, onde o sentido de xustiza de Eva pon en xogo tanto a súa moralidade como o seu futuro.

Despois da brillante ‘The Guilty’, o realizador Gustav Möller, asina este claustrofóbico e brutal exercicio de suspense, que adhire ao recorrente xénero carcelario as complexidades psicolóxicas e morais duns personaxes enfrontados aos seus peores demos. Un thriller absorbente que captura as deficiencias dun sistema ao bordo do colapso.

  • Título orixinal: Vogter
  • Ano: 2024
  • Duración: 100 minutos
  • Idioma orixinal: Danés
  • Dirección: Gustav Möller
  • Guión: Gustav Möller e Emil Nygaard Albertsen
  • Elenco: Sidse Babett Knudsen, Sebastian Bull Sarning, Dar Salim, Marina Bouras, Olaf Johannessen, Jakob Ulrik Lohmann
  • Música: Jon Ekstrand
  • Fotografía: Jasper Spanning
  • Distribuidora: La Aventura
Berlin 2024 (Nominada a Mellor Película) Xixón 2024 (Nominada a Mellor Película)