Código Emperador

  • Estrea
  • +16

Código Emperador

  • Estrea
  • +16

Juan traballa para os servizos secretos; co fin de ter acceso ao chalé dunha parella implicada no tráfico de armas achégase a Wendy, a asistenta filipina que vive na casa e establece con ela unha relación que irá volvéndose cada vez máis complexa. En paralelo, Juan realiza outros traballos «non oficiais» para protexer os intereses das elites máis poderosas do país, que agora puxeron os seus ollos en Ángel González, un político aparentemente anódino cuxos trapos sucios deberá buscar ou «inventar» coa axuda de Marta, a filla dun recoñecido actor.

  • Título orixinal: Código Emperador
  • Ano: 2022
  • Duración: 105 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Jorge Coira
  • Guión: Jorge Guerricaechevarría
  • Elenco: Luis Tosar, Alexandra Masangkay, Georgina Amorós, Miguel Rellán, Laura Domínguez, María Botto, Arón Piper, Denis Gómez
  • Música: Elba Fernández, Xavi Font
  • Fotografía: Pablo Rosso
  • Produtora: Vaca Films, Sábado Películas, The Playtime Group
  • Distribuidora: A Contracorriente