Cinema Paradiso
- Patrimonio e repertorio
- TP
Cinema Paradiso
- Patrimonio e repertorio
- TP
Salvatore, director de cinema de éxito, volve á súa vila natal para asistir ao funeral do seu vello amigo Alfredo, quen foi o proxeccionista do cinema local durante a súa infancia en Sicilia. Axiña os recordos do seu primeiro amor coa bela Elena e de todos os capítulos que marcaron a súa feliz infancia volven á súa mente, conectando a Salvatore coa comunidade que abandonou 30 anos atrás. O pequeno "Totò" non se separaba de Alfredo, que coleccionaba en secreto todos os descartes que o sacerdote -o censor definitivo- cortaba dos filmes proxectados. Como se dun tesouro se tratase, Salvatore rememora todas as caricias e bicos prohibidos conservados nunha vella caixa.
- Título orixinal: Nuovo Cinema Paradiso
- Ano: 1989
- Duración: 124 minutos
- Idioma orixinal: Italiano
- Dirección: Giuseppe Tornatore
- Guión: Giuseppe Tornatore
- Elenco: Philippe Noiret, Jacques Perrin, Salvatore Cascio, Agnese Nano, Brigitte Fossey, Marco Leonardi, Antonella Attiu, Enzo Cannavale, Isa Danieli, Leo Gullotta, Pupella Maggio, Leopoldo Trieste
- Montaxe: Mario Morra
- Dirección de arte: Andrea Crisanti
- Vestiario: Beatrice Bordone
- Son: Franco Finetti
- Música: Ennio Morricone
- Fotografía: Blasco Giurato
- Produtora: Les Films Ariane, TF1 Films Production (Francia), Cristaldifilm, RAI 3, Forum Picture (Italia)
- Distribuidora: A Contracorriente Films