Cegado pola luz
- Estrea
- +7
Cegado pola luz
- Estrea
- +7
Blinded by the Light conta a historia de Javed (Viveik Kalra), un adolescente británico de ascendencia paquistaní, que vive na cidade inglesa de Luton en 1987. En medio da axitación racial e económica da época, Javed escribe poesía como medio para escapar da intolerancia da súa cidade natal e da inflexibilidade dun pai tradicional. Mais cando un compañeiro de clase lle dá a coñecer a música de "The Boss", Javed ve paralelismos entre a súa vida de mozo de clase traballadora e as potentes letras de Springsteen. Así é como Javed descobre unha saída catártica para os seus soños reprimidos e se arma de valor para empezar a expresarse coa súa propia voz. Baseada en Saúdos desde Bury Park, as memorias do xornalista Sarfraz Manzoor, Blinded by the Light é unha divertida historia sobre o valor, o amor, a esperanza, a familia e a capacidade da música para inspirar o espírito humano. A historia apóiase na música e as letras poéticas de Springsteen, que deu a súa aprobación a Chadha desde os inicios da película.
- Título orixinal: Blinded by the Light
- Ano: 2019
- Duración: 114 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Gurinder Chadha
- Guión: Paul Mayeda Berges, Gurinder Chadha, Sarfraz Manzoor
- Elenco: Viveik Kalra, Hayley Atwell, Rob Brydon, Kulvinder Ghir, Nell Williams, Aaron Phagura, Meera Ganatra, Dean-Charles Chapman, Nikita Mehta
- Montaxe: Justin Krish
- Dirección de arte: Grant Bailey
- Son: Glenn Freemantle
- Música: A.R. Rahman, Bruce Springsteen
- Fotografía: Ben Smithard
- Produtora: Bend It Films (Reino Unido), Ingenious Media (Reino Unido), Levantine Films (Estados Unidos)
- Distribuidora: Warner Bros