Caro diario

Caro diario

Filme dividido en tres episodios, que reflicte a vida e opinións de Nanni Moretti. Na miña Vespa é unha aproximación á vida cotiá de Roma durante o mes de agosto; en Illas visita a Gerardo, un amigo que leva once anos vivindo en Lipari. Xuntos percorren outras íslas como Salina, Stromboli, Panarea e Alicudi. En Médicos o director filma a súa propia quimioterapia e o seu percorrido por hospitais e especialistas incapaces de diagnosticarlle a causa duns insoportables proídos.

  • Título orixinal: Caro diario
  • Ano: 1993
  • Duración: 100 minutos
  • Idioma orixinal: Italiano
  • Dirección: Nanni Moretti
  • Guión: Nanni Moretti
  • Elenco: Nanni Moretti, Renato Carpentieri, Antonio Neiwiller, Jennifer Beals
  • Música: Nicola Piovani
  • Fotografía: Giuseppe Lanci
  • Produtora: Sacher Film Rome, BanFilm, La Sept Cinéma
  • Distribuidora: Caramel Films
Cannes 1994 (Mellor Director), FIPRESCI - Premios do Cinema Europeo 1994, David di Donatello 1994 (Mellor Filme, Mellor Música)