O cárcere de curas

  • Estrea
  • +12

O cárcere de curas

  • Estrea
  • +12

Unha viaxe real nunha situación aparentemente irreal. Catro sacerdotes presos no cárcere de curas de Zamora (1968-1976) volven visitar a prisión onde foron condenados, nalgúns casos, a penas de máis de dez anos por dicir sermóns nos que denunciaban a represión franquista. Foi precisamente Franco quen, utilizando o Concordato asinado co Vaticano, creou ese Cárcere Concordataria, o único do mundo para relixiosos.

Esta é unha viaxe atípica, pois non adoita ser habitual poder visitar o cárcere onde se levou a cabo a condena. É a ponte para contar a historia da viaxe real á que foron sometidos 53 relixiosos de Madrid, Galicia, Cataluña e País Vasco no seu traslado forzoso a dito penal. Unha viaxe que quere rescatar unha historia descoñecida aínda hoxe en día. Unha viaxe contra o esquecemento.

 

Coloquio cos sacerdotes Nicanor, Vicente e Anxo Currás.

  • Título orixinal: Apaiz Kartzela
  • Ano: 2021
  • Duración: 85 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Oier Aranzabal, Ritxi Lizartza, David Pallarès
  • Guión: Jon Mikel Aldanondo, Mielanjel Elustondo, Martín Etxeberría, Xabier Etxeberría (Idea: Javier Barajas)
  • Montaxe: Maialen Sarasua Oliden
  • Son: Haimar Olaskoaga
  • Música: Joserra Senperena
  • Fotografía: Fernando Sa Casado
  • Produtora: Maluta Films, Azaroa Films, Zabriskie Films
  • Distribuidora: Syldavia