Calamity
- Estrea
- TP
Calamity
- Estrea
- TP
1863, Estados Unidos de América. Nunha caravana que vai cara o oeste coa esperanza dunha vida mellor, o pai de Martha Jane resulta ferido, polo que ela deberá conducir o carro familiar e coidar dos cabalos. Aprender é difícil e, porén, nunca se sentiu tan libre. Para montar mellor decide pórse pantalóns e logo cortar o pelo, xerando así unha enorme polémica que sacará a relucir o seu verdadeiro carácter ante as innumerábeis dificultades que se lle presentan nun mundo salvaxe e no que todo é posíbel.
Premiado como Mellor Filme no Festival de Annecy 2020, esta historia animada de Rémi Chayé narra unha aventura chea de perigos e rica en encontros que, paso a paso, revelará a mítica Calamity Jane.
- Título orixinal: Calamity
- Ano: 2020
- Duración: 82 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Rémi Chayé
- Guión: Rémi Chayé, Sandra Tosello, Fabrice de Costil
- Elenco: Salomé Boulven, Alexandra Lamy, Alexis Tomassian, Jochen Hägele
- Montaxe: Benjamin Massoubre
- Música: Florencia di Concilio
- Produtora: Maybe Movies, Sacrebleu Productions
- Distribuidora: La Aventura