Bos principios

  • Estrea
  • +12
  • VOSE

Bos principios

  • Estrea
  • +12
  • VOSE

Henri (Yvan Attal) é un escritor de mediana idade en crise: hai máis de 20 anos que escribiu un best seller mais desde aquela non volveu atopar a inspiración. Esta última etapa dedicouna á súa familia, á súa muller (Charlotte Gainsbourg) e aos seus catro fillos. Todos eles semella que son os responsábeis dos seus fracasos, de todas as mulleres que nunca volverá ter, de todos os coches que nunca conducirá e de non vivir en Roma, a súa cidade favorita. Dun día para outro, todo comeza a mudar ao seu redor, o amor incondicional da súa muller empeza a fraquear, os seus fillos deciden independizarse; aparece da nada “Estúpido”, un can un tanto peculiar que o axudará a entender que a súa vida podería converterse na súa mellor historia.

  • Título orixinal: Mon chien Stupide
  • Ano: 2019
  • Duración: 106 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Yvan Attal
  • Guión: Yvan Attal, Yaël Langmann (Novela: John Fante)
  • Elenco: Yvan Attal, Charlotte Gainsbourg, Pascale Arbillot, Adèle Wismes, Sébastien Thiery, Ben Attal, Eric Ruf, Pablo Venzal
  • Montaxe: Célia Lafitedupont
  • Dirección de arte: Samuel Deshors
  • Vestiario: Joana Georges Rossi
  • Son: Pierre André
  • Fotografía: Rémy Chevrin
  • Produtora: Montauk Films (Francia), Same Player (Bélxica)
  • Distribuidora: BTeam