Billy
- Estrea
- +12
Billy
- Estrea
- +12
Billy lévanos á España de finais dos 60 para retratar un dos brazos armados do franquismo: «Billy, el Niño». Antonio González Pacheco, inspector de policía da Brigada Político Social, faleceu sen ter sido xulgado pese ás demandas de varias das súas vítimas. Con este filme preténdese idear unha viaxe ao pasado a través dunha vintena de testemuños de vítimas e superviventes que daquela eran na súa maioría activistas universitarios: Chano Galante, Roser Rius, Lidia Falcón, Josefa Rodríguez «Asturias» ou Francisco Rodríguez Veloso, son algúns deles.
- Título orixinal: Billy
- Ano: 2020
- Duración: 70 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Max Lemcke
- Guión: Max Lemcke
- Montaxe: Clara Martínez Malagelada Julie Trillo
- Son: Pierre Omer
- Música: Manuel Rojas Jr.
- Fotografía: Javier Palacios
- Produtora: Brutos Films, Ctxt (Contexto y Acción)
- Distribuidora: Begin Again Films
Sevilla 2020 (Special Screen)