Beiras. Vivir 2 veces
- Estrea
- TP
Beiras. Vivir 2 veces
- Estrea
- TP
Político, economista, profesor universitario, activista, músico, tradutor, viaxeiro, fotógrafo, ensaísta, conversador… Xosé Manuel Beiras é un e moitos. Beiras mantén íntegra a súa paixón por comprender o mundo, por compartir a súa visión, por contrastala, por pensar o futuro, o presente, o pasado. Por iso, Beiras. Vivir2Veces non é un filme sobre Beiras, senón un filme CON Beiras.
Con el, repasamos a súa traxectoria seguindo dúas pistas: dunha banda, os lugares que mellor o identifican; e doutra, as imaxes máis emblemáticas dun percorrido vital de oito décadas. O repaso da experiencia trénzase cunha das actividades predilectas do noso protagonista: a conversa. No documental, Beiras atópase con algunhas das persoas coas que mellor falar das cuestións que máis o incumben, desde a arte ao territorio, desde a política á casa.
Presentación e coloquio cos directores
- Título orixinal: Beiras. Vivir 2 veces
- Ano: 2021
- Duración: 70 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Pepe Coira, Gaspar Broullón, Jorge Coira
- Guión: Pepe Coira, Fernando Rodríguez Gómez 'Peñaño', a partir dunha idea orixinal de Fernando Rodríguez Gómez 'Peñaño'
- Participación: Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Manuel Caamaño Suárez, Miguel Anxo Fernán-Vello, Ánxel Huete, Flor Maceiras, Luísa Martínez Pazos, Xosé Luís Méndez Ferrín, Martiño Noriega, Gerardo Pisarello, Rosa Regueiro Ferreira, Silverio Rivas, Mercedes Rozas, Manoel Santos,
- Montaxe: Susana Sotelo, Gaspar Broullón, Chema Montero, Clara Coira, Daniel Coira
- Son: Javi Pato, Daniel Fernández
- Fotografía: Jaime Pérez, Antonio Grunfeld, Clara Coira, Álvaro Liste, Ángel Sousa, Gaspar Broullón, Luis Avilés Baquero
- Produtora: OlloVivo
- Distribuidora: OlloVivo