O baño do diaño

  • Estrea
  • +18
Estrea 15 de novembro

O baño do diaño

  • Estrea
  • +18

Austria do século XVIII. No alto dun outeiro, unha muller foi executada e exposta á vista de todos tras matar a un bebé. Como proba. Como advertencia. Como un presaxio?

Agnes, profundamente relixiosa e moi sensible, casa co seu amado Wolf e prepárase cándidamente para unha vida de esposa. Pouco despois, a súa cabeza e o seu corazón empezan a sentirse pesados. Día tras día, vese cada vez máis atrapada nun camiño turbio e solitario que a conduce a malos pensamentos. Quizá, non só pensamentos...

  • Título orixinal: Des Teufels Bad
  • Ano: 2024
  • Duración: 121 minutos
  • Idioma orixinal: Alemán
  • Dirección: Severin Fiala & Veronika Franz
  • Guión: Severin Fiala & Veronika Franz
  • Elenco: Anja Plaschg, David Scheid, Maria Hofstätter
  • Fotografía: Martin Gschlacht
Berlin 2024 (Oso de Prata), Sitges 2024 (Mellor Filme)