Aves de paso
- Petís DUPLEX
- Público mozo
- +8
Aves de paso
- Petís DUPLEX
- Público mozo
- +8
Cathy ten un pai con ocorrencias moi curiosas: para o seu aniversario, regaloulle un ovo de pato coa intención de que o incube e sexa despois a súa mamá. Pero, casualmente, a quen ve primeiro o pequeno pato ao nacer é Margaux, unha amiga de Cathy que vai en cadeira de rodas. Os pais de Margaux non queren facerse cargo do paxaro. Para protexelo, as dúas nenas escapan e emprenden unha aventura.
Na liña dos filmes dos irmáns Dardenne, baixo unha aparente simplicidade, este conto iniciático esconde unha bela paleta de emocións e de temas: a amizade, a sobreprotección dos pais, a discapacidade, a superación dos límites, a necesidade de liberdade e de autonomía dos nenos e as nenas, a procura do espazo propio e o dar valor ás pequenas cousas.
Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes antes da proxección.
Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol
- Título orixinal: Les oiseaux de passage
- Ano: 2015
- Duración: 84 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Olivier Ringer
- Guión: Olivier Ringer, Yves Ringer
- Montaxe: Alante Alfandari
- Son: Vincent Mauduit, Igor Thomas – Gerard
- Música: Bruno Alexiu
- Fotografía: Mihnea Popescu
- Produtora: Ring Prod, Les Films d'Antoine, Good Lap Production, RTBF (Télévision Belge), Programme MEDIA de la Communauté Européenne, Centre du Cinéma et de l'Audiovisuel de la Fédération Wallonie-Bruxelles, VOO
- Distribuidora: Pack Màgic