As novas aventuras de Topitos e Manchiñas

As novas aventuras de Topitos e Manchiñas

Os nosos coellos e as súas trasnadas están de volta! Desta volta, Topitos e Manchitas cociñan, van ao circo, saen recolller cogomelos e mesmo organizan a festa de aninovo. Como sempre, quererán facelo todo o mellor posible, mais non todo lles sairá como preveran...

Filme dobrado ao español, recomendado para crianzas de 3 anos en diante.

Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes antes da proxección.

Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

  • Título orixinal: Prick och Fläck på fläcken
  • Ano: 2013
  • Duración: 44 minutos
  • Idioma orixinal: Sueco
  • Dirección: Uzi Geffenblad, Lotta Geffenblad
  • Distribuidora: Rita & Luca Films