As margaridas
- Estrea
- +12
As margaridas
- Estrea
- +12
Cando o mundo parece estar botado a perder, dúas mozas incontrolables embárcanse nunha serie de trasnadas nas que nada —a comida, a roupa, os homes, a guerra— se toma en serio. Cunha vitalidade e desenvoltura que non ten límites, Marie I e Marie II matan o seu aburrimento aproveitándose de homes maiores que as convidan a deliciosos banquetes, sabotando espectáculos públicos e facendo cachizas todo o que se lles pasa pola cabeza, nunha odisea cada vez máis desenfreada e surrealista de enchentes, destrución vertixinosa, e resistencia antipatriarcal na Checoslovaquia dos anos 60.
Considerada unha das grandes obras do cinema feminista do último século, As MARGARIDAS é unha sátira rebelde e visualmente cegadora coa que Vera Chytilová desafiou todas as normas da época. Un filme adiantado ao seu tempo, por primeira vez en cinemas restaurado en 4K.
- Título orixinal: Sedmikrásk
- Ano: 1966
- Duración: 76 minutos
- Idioma orixinal: Checo
- Dirección: Vera Chytilová
- Guión: Vera Chytilová, Ester Krumbachová
- Elenco: Jitka Cerhová, Ivana Karbanová, Julius Albert, Jan Klusák, Marie Cesková Jirina Mysková
- Música: Jirí Slitr, Jirí Sust
- Fotografía: Jaroslav Kučera
- Produtora: Filmové Studio Barrandov
- Distribuidora: Atalante