As dúas caras da xustiza

  • Estrea
  • +16

As dúas caras da xustiza

  • Estrea
  • +16

A xustiza restaurativa ofrece a vítimas e agresores a oportunidade de dialogar nunha contorna segura, baixo a supervisión de profesionais e voluntarios. Nassim, Thomas e Issa, sentenciados por roubos con violencia, vense as caras con Grégoire, Nawelle e Sabine, vítimas dese mesmo delito. Namentres, a moza Chloé, vítima de violación, debe reencontrarse co seu pasado. Polo camiño, todos eles experimentan a ira e a esperanza, o silencio e a palabra, as alianzas e as rupturas. A confianza recobrada. E, ao final do camiño, tal vez, a reparación da alma

  • Título orixinal: Je verrai toujours vos visages
  • Ano: 2023
  • Duración: 118 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Jeanne Herry
  • Guión: Jeanne Herry
  • Elenco: Adèle Exarchopoulos, Gilles Lellouche, Dali Benssalah, Elodie Bouchez, Valérie Enquin
  • Montaxe: Francis Vesin
  • Música: Pascal Sangla
  • Produtora: Chi-Fou-Mi Productions, Trésor Films, Canal+, Ciné+, France 3 Cinéma
  • Distribuidora: La Aventura