Lotte Reiniger: As aventuras do príncipe Achmed

Lotte Reiniger: As aventuras do príncipe Achmed

Un poderoso bruxo regálalle ao gran Califa un cabalo máxico que pode voar polo aire, pero a cambio debe entregarlle a man da súa encantadora filla Dinarsade.  Achmed, irmán da princesa, enfurécese e expúlsao. Montado no cabalo, Achmed sobe cada vez máis alto ata que aterra na illa Wak Wak, onde vive a fermosa princesa Pari Banu. O príncipe Achmed namora dela e lévaa no seu cabalo máxico a afastados países.

Así comeza este filme inspirado nos relatos d`As Mil e unha Noites, que supuxo a primeira longametraxe de animación da historia.

A partir de 3 anos

Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes antes da proxección.

Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

  • Título orixinal: Die Abenteuer des Prinzen Achmed
  • Ano: 1926
  • Duración: 65 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Lotte Reiniger
  • Guión: Lotte Reiniger
  • Música: Wolfgang Zeller
  • Distribuidora: Goethe Institut