As aventuras de Toupiña

As aventuras de Toupiña

Descubre o mítico personaxe da animación checa que deu a volta ao mundo: Toupiña. A súa curiosidade e a súa picardía lévano a vivir unhas aventuras divertidas e entrañábeis, que farán as delicias dos máis pequenos. Unha produción única cargada de valores positivos como a amizade, o ecoloxismo, a creatividade e o respecto á diferenza.

 

28 DE FEBREIRO

Prezo habitual. Menores de 12 años a 4 euros.

 

30 DE MAIO

Entrada de balde. A adquirir no despacho de billetes antes da proxección.

*Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

 

  • Título orixinal: Las aventuras de Topito
  • Duración: 40 minutos
  • Idioma orixinal: Sen idioma
  • Dirección: Zdeněk Miler
  • Guión: Zdeněk Miler