Arima
- Estrea
- +12
Arima
- Estrea
- +12
Arima é aquilo que ves a través da brétema, aquilo que intúes mais non consegues ver con claridade. Un soño, un recordo, un desexo.
Arima é a historia de catro mulleres e unha cativa que se ve alterada pola chegada inesperada de dous forasteiros.
Un deles fuxe do outro, agochándose pola vila coma un ser fuxidío, fantasmagórico e de dubidosa existencia. O outro, un home ferido e cunha arma, perturbará de diferentes formas a vida das mulleres.
Todo isto moverase na fronteira entre o real e o imaxinado, entre o pesadelo e o soño, entre o medo e o desexo, nunha historia impregnada de misterio.
- Título orixinal: Arima
- Ano: 2019
- Duración: 77 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Jaione Camborda Coll
- Guión: Jaione Camborda Coll
- Elenco: Melania Cruz, Nagore Arias, Rosa Puga Dávila, Iria Parada, Tito Asorey, Mabel Rivera
- Dirección de arte: María Lolo
- Vestiario: Renata Uzal
- Son: Javier Pato
- Fotografía: Alberte Branco
- Produtora: Esnatu Zinema
- Distribuidora: Baños Films
Festival de Cine Europeo de Sevilla 2019