Animaladas de cinema

Animaladas de cinema

Unha adaptación delirante de fábulas populares trasladadas á gran pantalla con sentido do humor e enxeño. Pequenas historias universais que conservan o carácter educativo orixinal e engádenlle creatividade e diversión. O mellor das fábulas e do debuxo animado na mesma proposta.

O personaxe do moucho introduce as diferentes historias dirixíndose directamente aos petís e creando un vínculo con eles.

Filme dobrado ao español, recomendado para crianzas de 4 anos en diante.

Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes antes da proxección.

Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

  • Título orixinal: Animaladas de cine
  • Ano: 2019
  • Duración: 40 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: V.V.A.A.
  • Guión: V.V.A.A.
  • Elenco: Animación
  • Distribuidora: Rita&Luca