A vida invisíbel de Eurídice Gusmão
- Estrea
- +16
A vida invisíbel de Eurídice Gusmão
- Estrea
- +16
Río de Xaneiro, 1950. Eurídice, de 18 anos, e Guida, de 20, son dúas irmás inseparables que viven en casa cos seus conservadores pais. Aínda que inmersas nunha vida tradicional, cada unha alimenta un soño: Eurídice o de converterse nunha pianista de renome, Guida o de atopar o amor verdadeiro. Nun xiro dramático, son separadas polo seu pai e obrigadas a vivir en lugares distintos. Terán que tomar así o control dos seus propios destinos, sen perder a esperanza de volver atoparse. Un melodrama tropical do director de Madame Satã.
- Título orixinal: A vida invisível de Eurídice Gusmão
- Ano: 2019
- Duración: 139 minutos
- Idioma orixinal: Portugués
- Dirección: Karim Ainouz
- Guión: Murilo Hauser, Inés Bortagaray, Karim Aïnouz. Baseado no libro de Martha Batalha
- Elenco: Carol Duarte, Julia Stockler, Gregorio Duvivier, Bárbara Santos, Flávia Gusmão, Antonio Fonseca, Cristina Pereira, Gillray Coutinho
- Montaxe: Heike Parplies
- Vestiario: Marina Franco
- Son: Waldir Xavier
- Música: Benedikt Schiefer
- Fotografía: Hélène Louvart
- Produtora: RT Features / Pola Pandora Filmproduktions
- Distribuidora: Vértigo Films
Un Certain Regard - Mellor filme 2019 (Festival de Cannes) Premio do Público 2019 (Festival de Mar del Plata) Espiga de Prata e mellor actriz 2019 (Festival de Valladolid - Seminci)